Hidrografía
 
No término municipal existe unha ampla rede hidrológica numerosos ríos e regatos. O río principal, que dá nome á vila é o río Sarria, o cal nace en Triacastela, e entra no concello polo leste á altura de Calvor e Cans, segue cara ao oeste pasando polos lugares de Ou Teso e Vos Penedos, prosegue a súa viaxe cara ao norte discorrendo polos núcleos de Sarria, Lezoce, Céltigos, Larín e VIlapedre; abandonando o municipio para desembocar o río Neira e logo este á súa vez no río Miño.

Ao seu paso por Sarria vai dando lugar a paisaxes pintorescas con moita vexetación característica deste entorno e dunha espectacular beleza.

Ríos: Sarria, Loio, Celeiro (tamén pasa pola Vila de Sarria), Ferreiros, Lodoselo, Freixo.
Regatos: Rego de Valdelobos, Rego de Padroso, Rego Valmaián, Rego de Betote, Rego Lamparte.

 

  
  Share