Clima

 
O alonxamento do mar e o seu carácter de val resgardado entre áreas de maior altitude, fan o término municipal deba ser encadrado dentro do dominio climático oceánico de matiz continental.

As temperaturas mostran certa oposición entre invernos fríos con xeadas frecuentes e veráns suaves, sendo os meses con temperaturas máis baixas de novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo, cunha media duns 6º C ; e os meses con temperaturas máis altas xullo e agosto, cunha media duns 18º C. A oscilación térmica é de 13º C.

As precipitacións, abundantes, oscilan entre 933mm e os 1457mm; repártense regularmente ao longo de todo o ano, sendo menos frecuentes nos meses de verán.

 

  Share