Gastronomía
 
Sarria goza de merecida fama entre as localidades do interior de Galicia, tanto pola calidade dos seus produtos naturais, como pola esmerada preparación dos mesmos, nos numerosos establecementos hosteleros de todas as categorías, que cunha boa relación calidade - prezo, converten á vila sarriana nun dos puntos de referencia á hora de falar do "ben comer".

Somos un dos lugares punteros en produción de carnes de porcino entre as que se atopa o porco Celta, raza autóctona recuperada. Falar de xamón, chorizo e lacón "de Sarria" é dicir "calidade". A produción, seguindo procedementos artesanais, constitúe un dos pilares básicos da economía local e estes produtos poden ser adquiridos durante todo o ano.

As carnes de tenreira teñen renombre en todo o país, non hai que esquecer que toda a comarca destaca como zona onde a raza "loura galega" está máis presente, pois a cabana goza dunha esmerada atención e control, non sendo allea a esta calidade a bondade dos pastos naturais.

As "pulpeiras de Sarria", tanto nas feiras, como en establecementos fixos, conseguen darlle a este cefalópodo o punto que só se logra nas terras do interior, sexa para comelo só ou con acompañamiento de "cachelos", e regado cos viños das ribeiras do Sil e do Miño tan gustosos eles.

 

Máis info..

Restaurantes actualizados 2017

 

 

 

 

 

As epecialidades máis demandadas son:

Lacón con grelos.
Troitas e anguilas
Embutidos tradicionais, Xamón, chorizo, chicharrones prensados   Soá con cachelos.
Caldo Galego
Pulpo "Á Feira"Carne "Ó caldeiro"
Callos á galega
Chuletón e entrecot de tenreira
Churrasco.
Empanadas (de raxo, zorza, iscos, chorizo ou tamén vegetales)
Verduras propias dá zona.
A caza ( perdiz, corzo con castañas e arándanos e xabalí)

Sobremesas
Filloas
Freixós
Queixo con membrillo
Roscón
Melindres
Tartas de almendra e roscas
Leite fritido

 

 
 

  Share