Antigüidades e Restauración

 

IV Feira de Antigüidades da Eurorexión | XX Feira de San Lázaro. Antigüidades e Restauración

  • Lugar: Rua do Porvir e Rúa Marqués de Ugena
  • Datas: Sábado 4 e domingo 5 de abril 2015
  • Horario: 11:00h. a 20:00h.

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Carmen Rodríguez

Carmen Rodriguez

F
ora do habitual escenario da rúa Porvir, onde se concentran ca maior parte de anticuarios do municipio, en nun vístoso edificio de estilo modernista enmárcanse o negocio de Carmen Rodríguez, unha anticuaria sarriá que busca para os seus clientes unha calidade que marca a diferencia. Dentro do seu establecemento o cliente pode atopar dende moble de estilo dos séculos XVIII e XIX ata valiosas pezas rústicas e todo tipo de artículos para coleccionistas.

A propietaria deste negocio, Carmen Rodríguez, ten como máxima que a maior parte das súas pezas posúan un deseño apreciable e facilmente recoñecible, primando fundamentalmente a calidade da materia prima con que están confeccionadas Así mesmo, e nun espacio claramente diferenciado, Carmen Rodríguez Antigüidades ten reservado para os seus clientes unha galería de arte coas mellores obras pictóricas e escultóricas de artistas galegos. Todo un complemento para a decoración de calquer fogar. A calidade dos pequenos detalles igualmente está presente neste negocio que atesoura no seu interior pequenas coleccións de artículos tan difíciles de atopar como coches de xoguete, bonecas de porcelana e outros utensilios nun excelente estado de conservación.

Carmen Rodriguez

 

 

 

 

 

 

Juan Echevarría

A
ntigüidades Echevarría marca un punto de inflexión dentro do mercado do moble antigo, non en van os seus donos foron especializándose co paso dos anos ata a actualidade para convertila nunha tenda anticuaria onde prima a diversidade. A pesar de que este establecemento sarriao púxose a andar ao redor de finais da década dos noventa, previamente os seus propietarios xa se adicaban á compra e venda de moble antigo. Hoxe, e despois dunha longa traxectoria profesional, os propietarios deste negocio poden presumir de atesourar pezas de diversos estilos, e que van dende o moble colonial do século XVIII ata o moble rústico. Unha hetereoxeneidade que os clientes agradecen xa que son cada vez máis os que elixen este establecemento para adquirir un moble para o seu fogar

 

 

 

 

 

 

 

Casa Peltre

A
ntigüidades Casa Peltre destaca na vila de Sarria como o mellor expoñente do moble burgués pertencente aos seculos XVIII e XIX, xoias decorativas que non perden a súa funcionalidade, e que se sitúan á cabeza do sector do moble antigo. Este pequeno establecemento ubicado tamén na rúa Porvir iniciou a súa andadura dentro deste peculiar e puxante mercado hai aproximadamente unha década, cando María López Lebón e o seu home Manuel Ángel López decidiron adicarse de cheo á compra e venda de antigüidades. Calquer experto en mobiliario antigo que se precie poderá comprobar por el mesmo como dentro deste establecemento se poden atopar exquisitas xoias do moble burgués de estilos tan diversos como o Alfonsino, o Isabelino ou o Luis Felipe.
Todo un abanico de pezas de gran valor no mercado, e confeccionadas con madeiras nobres da época como a caoba, o pau santo ou a nogueira. Así mesmo este negocio especializado ubicado na rúa Porvir tamén atesoura artículos tan diversos como antigas lámpadas de gas hoxe electrificadas para a vida moderna, ou un valioso retábulo de principios do séxulo XVIII.

 

 

T
oda unha lista de verdadeiras reliquias para a decoración de calquera vivenda. Neste establecemento sarriao coidan ao máximo o resultado final de cada produto, por iso contan ademais cun taller de restauración onde se reparan os posibles desperfectos dos mobles, aportándolles un aspecto completamente renovado. Hoxe en día, a pesar da introducción de estilos modernistas na decoración, o moble antigo sigue contando coa súa pequena parcela de protagonismo.

Rúa do Porvir 22 // Tel: 982 531 729

 

 

Lola Ribera

 

L
ola Ribeira Antigüidades concentra no seu establecemento, emprazado tamén na coñecida rúa Porvir, un completo abanico de moble antigo que de seguro agrada ao cliente máis esixente. Ademais de contar con excelentes pezas de moble rústico, esta anticuaria atesoura importantes artículos dentro do moble de estilo do século XVIII e XIX. A maioría do xénero exposto neste comercio reflexa o bo gusto da súa dona, que ofrece a uns prezos moi asequibles armarios de indudable valor histórico, cerámica, e outras pezas que poden combinar á perfección con estilos decorativos tan diversos como o minimalista ou o modernista. A maioría dos clientes desta anticuaria provén de Galicia, aínda que tamén exporta parte do seu xénero a persoas chegadas de Madrid, Barcelona e Asturias, lugares onde o moble antigo é moi valorado. A pesar da crise que está a atravesar o sector, Antigüidades Lola Ribeira non está a sufrir un descenso significativo nas súas vendas, cecais porque adquirir un artículo deste tipo responde máis a unha inversión que a unha necesidade.

 

 

 

 

 

 

Manuel Calzada

 

O
establecemento que conta con máis anos as súas costas á hora de vender e comprar moble antigo é hoxe Antigüidades Calzada, un negocio ubicado na rúa Porvir dende a década dos anos sesenta, e especializado no moble rústico elaborado con madeiras nobres. Despois de que Manuel Calzada adicara gran parte da súa vida ao moble antigo, na actualidade é a súa filla, Carmen Lina Calzada a que se sitúa á cabeza deste negocio, coñecido por propios e foráneos pola calidade do seu xénero, e tamén polo gran número de mobles que atesoura no interior do seu establecemento. Aínda que Antigüidades Calzada é o referente en Sarria do moble rústico confeccionado con madeiras nobres como o castaño ou carballo, tamén conta con obxectos de cerámica, utensilios de cociña e outros ferramentas de antano de grande valor etnográfico e histórico.
Dende o seu inicio no sector do moble antigo Antigüidades Calzada caracterizouse pola diversidade da súa clientela, provinte de diferentes lugares de Galicia, e tamén doutras cidades do resto de España; participando igualmente en feiras monográficas en diferentes capitais de provincia. O prezo da maioría dos mobles e artículos que se expoñen neste anticuario, situado na coñecida rúa Porvir, é outro dos alicientes para fomentaras vendas.  A Feira de San Lázaro de Antigüidades e Restauración que se celebra no municipio o primeiro fin de semana de abril convírtese na ocasión perfecta para descubrir unha xoia perfecta para a decoración de calquer fogar.

Rúa do Porvir 23

Tel: 982 530 211

 

 

 

Rusttico

S
i en algo se distinguen as marcas Rusttico e Merkantiguo é na forma de distribuir o seu produto, básicamente a traverso da rede. Un procedemento novedoso para chegar a clientes de todo o mundo, e a maneira máis sinxela de dar a coñecer o tipo de artículos que ofertan estes establecementos sarriaos. Outra das diferencias fundamentais de ambos anticuarios é o modelo de xénero que se oferta dende a rede, básicamente artículos adicados a coleccionistas, e produtos que van dende teléfonos antigos e cámaras fotográficas, ata todo tipo de antigos utensilios para o fogar. Un amplo catálogo dispoñible na rede, e perfecto para complementar calquer estilo de decoración.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Merkantiguo

S
i en algo se distinguen as marcas Rusttico e Merkantiguo é na forma de distribuir o seu produto, básicamente a traverso da rede. Un procedemento novedoso para chegar a clientes de todo o mundo, e a maneira máis sinxela de dar a coñecer o tipo de artículos que ofertan estes establecementos sarriaos. Outra das diferencias fundamentais de ambos anticuarios é o modelo de xénero que se oferta dende a rede, básicamente artículos adicados a coleccionistas, e produtos que van dende teléfonos antigos e cámaras fotográficas, ata todo tipo de antigos utensilios para o fogar. Un amplo catálogo dispoñible na rede, e perfecto para complementar calquer estilo de decoración.

 

 

Clásicos & Antiguos

Clásicos & antiguos e unha pequena empresa familiar que se basea na afección aos automóbiles clásicos e na experiencia no mundo do motor do titular da mesma.


Na súa páxina web ó servizo básico ofertado e o aluguer con condutor de vehículos clásicos para diferentes tipos de eventos.


Os automóbiles que se ofertan para este servizo de aluguer, son pezas únicas coidadas e restauradas ao detalle. Os premios recibidos nos últimos anos avalan ó prestixio desta colección.


 

 


 

 

 

 

A
Feira de Antigüidades, Restauración e Coleccionismo de Sarria non xurdiu por casualidade. O Barrio de San Lázaro naceu a partir de 1860 en fronte da capela que recorda ao antigo Hospital de Leprosos de San Lázaro, en activo entre os séculos XIV e XVII, e no seu Souto había Feira aneira, á que concorrían ferreiros, artesáns, compradores de semilllas, bufariñeiros... Esa feira estivo viva, en cada Domingo de Lázaro, ata os anos 1960.

Cando esta feira esmoreceu varios industriais da vila iniciaran xa, primeiro por intuición e despois xa con entusiasmo, a actividade de compra e venda de antigüidades e vellicies, e pouco a pouco, nun labor de pescuda de lustros foron reunindo suxerentes pezas de bon valor artístico ou etnográfico, ao tempo que ían especializándose en materias concretas e botaban adiante traballos de restauro de aqueles mobles e elementos que precisaban de maior coidado. Viñeron despois experiencias como as Exposicións de Antigüidades que se organizaban nas Festas do San Xoán ou o pequeno mercado “O Quilate” que durante algún tempo congregou , os domingos, a anticuarios e coleccionistas na Casa da Cultura sarriá.

F
oi así como, especialmente na Rúa do Porvir, se foron asentando os profesionais das antigüidades que non desaproveitaban as ocasións de participaren en mostras e exposicións en Barcelona, Madrid e outras cidades, de maneira que a sona desta especialización fixo que xurdisen mercados mesmo fora das nosas fronteiras. Unidos darredor dunha idea común os anticuarios da vila pasaron a recuperar a antiga Feira do Lázaro, tamén con carácter aneiro, e botaron os seus tesouros á rúa, ao tempo que abriron as súas tendas e almacéns á curiosidade dos visitantes. É esta unha Feira de especial colorido, e amplamente didáctica, xa que serve para admirar e adquirir pezas significativas, ao tempo que pon diante dos ollos dos feirantes pezas que falan doutros xeitos de vida e outras maneiras de entendela, servindo de lembranza para os máis vellos e de ensino para os máis novos. A participación de coleccionistas, artesáns e artistas que ofrecen mostras paralelas permite aos visitantes tomar coñecemento da variada oferta da vila e a comarca, servindo de estímulo para que, máis de vagar, volten a Sarria para perderse polas tendas de antigüidades e os obradoiros dos artesáns, ao tempo que poden disfrutar da variada oferta hostaleira, gastronónica, histórica, monumental e comercial da zona.

Esta Feira do Lázaro, incardinada na oferta de Feiras de Sarria (os días Seis, Vinte e Vinte e Sete de cada mes hai feira e mercado ) e a Feira de Santo Isidro, darredor do 15 de maio, son outras tantas ocasións para visitar unha vila xacobea e hospitalaria. Dende logo hai que destacar o ben facer dos anticuarios sarriaos que renovando o pulo comercial dun barrio con máis de 600 anos de historia, permiten que nos mergullemos en páxinas xa esquecidas da nosa historia, e que, devagariño, andemosna percura do libro curioso, da lámina suxerente, do moble de época ou das ferramentas de oficios desaparecidos. Sárria abre, como cada ano, as mil portas das illas máxicas que nos levan ao pasado.

 

 

O
s expertos e afeccionados ao moble antigo coñecen de sobra a rúa Porvir do municipio de Sarria, non en van concentra o maior número de anticuarios por metro cadrado, e convertiuse co paso do tempo nun lugar de visita obrigada para milleiros de galegos. Esta peculiar zona da vila sarria conta na actualidade con catro anticuarios que ofrecen aos visitantes as mellores e máis vistosas pezas do moble rústico, de estilo e colonial; mostrando tamén outros utensilios propios dos fogares antigos, e de gran valor pola súa historia e tradición. A rúa Porvir, encadrada dentro do barrio de San Lázaro, foi parte do escenario da coñecida feira do mesmo nome, un mercado que se desenrolou, segundo apuntan diversas fontes históricas, dende finais do século XIV ata o ano 1960. Foi nesta década cando os primeiros anticuarios decidiron asentarse na rúa Porvir, organizando conxuntamente exposicións e mostras tanto no municipio como noutras cidades do país como Madrid, Barcelona ou Valencia. Unha forma de dar a coñecer o seu xénero e profesionalidade fora dos mercados galegos; e tamén de que o municipio de Sarria se convertera co paso dos anos na capital do moble antigo. Hoxe, grazas á inestimable labor destes anticuarios, e tamén o bo facer dos diferentes gobernos locais do municipio, Sarria pode presumir de contar cunha das mellores feiras de antigüidades e restauración de Galicia, e onde se reúne cada ano o máis granado dun sector de notable importancia na economía do municipio.